Estimadas familias:
Dende o equipo de Educación Infantil queremos transmitir que, seguindo as instrucións da
Consellería de Educación, para estes días en que o cole permanecerá pechado propoñémosvos as
seguintes recomendacións, que en ningún caso son obrigatorias:
• Intentar seguir unhas rutinas respecto ás horas de sono e descanso.
• Facer un uso responsable dos dispositivos móbiles, tabletas, televisión, consolas, pantallas…
• Contar contos e aproveitar para falar sobre eles, inventar finais distintos, facer algún debuxo
sobre o conto…
• Implicalos nas tarefas domésticas adaptándoas á súa idade: poñer a mesa, axudar a facer a
cama, facer un biscoito…
• Rescatar xogos de mesa, esconder mensaxes pola casa coma unha búsqueda do tesouro,
facer unha guerra de almofadas, redecorar a habitación, inventar unha coreografía dun
baile, facer un desfile de disfraces, montar unha cabaña, facer avións de papel, xogar a
personaxes de conto, facer un collage, plantar unha lentella, facer un picnic no salón, guerra
de cóxegas, facer un karaoke, escribir unha carta e disfrutar dun tempo de calidade xuntos.
• Desdramatizar a situación actual vendo o seu lado positivo, disfrutando do tempo en familia
e facendo que ese tempo que pasades con eles sexa de calidade.
Un saúdo.
Mestras de Educación Infantil
Máis información na web do noso centro:
Ánimo a todos!!! Un abrazo grande de Iria y familia
ResponderEliminarGracias por las sugerencias, un saludo de ysaac y familia
ResponderEliminar