Cando chegamos á aula, os cativos de 4 anos B tiñamos unha sorpresa enorme... un esqueleto estaba esperando por nós! Menudo susto! Mimadriña, que delgado está... é todo ósos!
Pero con él aprendemos unha morea de cousas: as partes do corpo, os nomes dos ósiños que temos no corpo, o nome das articulacións... e como nos daba un pouco de medo decidimos "vestilo" de forma moi aparente.
Agora cada día poñémoslle unha roupa diferente, xa é o noso amigo, queremos que se quede conosco e levalo ao parque a xogar con nós. Por certo.... chámase PEPE!
Agora cada día poñémoslle unha roupa diferente, xa é o noso amigo, queremos que se quede conosco e levalo ao parque a xogar con nós. Por certo.... chámase PEPE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario