Visualizacións de páxina totais

venres, 27 de febreiro de 2015

VAN GOGH E A SÚA OBRA (I)




Os cativos de 4 anos levamos este mes de febreiro facendo unha aproximación ao pintor V. Van Gogh e ás súas fermosas obras pictóricas. 
Empezamos coñecendo a súa biografía e algunha das súas obras máis famosas. Pareceunos unha persoa moi triste, nos seus autorretratos nunca se rí... Pero entendemos moi ben que lle gustara tanto pintar que, ás veces, ata esquecía de comer ou durmir. A nós tamén nos gusta moito pintar e experimentar co pincel! 

Estas son as primeiras aportacións dos cativos e das súas familias que chegaron á nosa aula!
SON TAN FERMOSAS que merecen todo o protagonismo no noso blogue:







MOITAS GRAZAS FAMILIAS!
SODES UNS ARTISTAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario