Visualizacións de páxina totais

xoves, 19 de febreiro de 2015

OS XIRASOLES DE VAN GOGH


Neste entroido os cativos de 4 anos estivemos preparando o noso disfraz de XIRASOL. Neste mes estamos facendo unha aproximación a VAN GOGH e a súa obra, así que o noso disfraz ten moito que ver con este pintor impresionista e coa súa obra: OS XIRASOLES.
Pasamos estes días traballando nos nosos disfraces: pegamos as follas e decoramos os pétalos do xirasol. E ata fixemos unha coroa para levar na cabeza: coloreamos cada xirasol, botámoslle alkil e picamos amodiño para que nos quedara ben fermosa! 

Tamén ensaiamos a canción e o baile para o Festival. Aquí a  tedes!

E así foi como nos disfrazamos este ano... aquí tedes fotiños de todo o proceso, e do ben que nos acaían os traxes!



Ningún comentario:

Publicar un comentario