Aprendemos este pequeno poemiña mentres fixemos no chan da nosa clase os nosos ""puentes"" para xogar e divertirnos... pero tamén para aprender. Con esta actividade aprendemos a situarnos no espacio e desplazarnos seguindo unha dirección marcada. E o noso esquema corporal iníciase no recoñecemento dun número... Familias: sabedes cal?
Os cativos de 3 anos estamos nestes días facendo diferentes xogos para o recoñecemento visual dos nosos nomes. A nosa mestra dinos que cada un de nós é diferente, é especial... E que o mesmo acontece cos nosos nomes!
Son diferentes: un ten moitas letras, outro poucas... , un ten letras repetidas, outro non... e estamos aprendendo a saber cal é o noso de entre todos. Éche unha cousa ben complicada con tanta letra...
Menuda sorpresa nos agardaba cando voltamos das vacacións de Nadal... unha morea de agasallos!
Encantáronnos! Debe ser que traballamos moi ben todo o primeiro trimestre, e que nos portamos fenomenal...
Estes estupendos agasallos dannos ánimos para seguir traballando neste segundo trimestre que agora empezamos... cousas novas, fermosas, agardan por nós. Iremos descubríndoas día a día na compaña dos nosos amigos e coa complicidade das nosas mestras...