Os cativos de 3 anos estamos nestes días facendo diferentes xogos para o recoñecemento visual dos nosos nomes. A nosa mestra dinos que cada un de nós é diferente, é especial... E que o mesmo acontece cos nosos nomes!
Son diferentes: un ten moitas letras, outro poucas... , un ten letras repetidas, outro non... e estamos aprendendo a saber cal é o noso de entre todos. Éche unha cousa ben complicada con tanta letra...
Ningún comentario:
Publicar un comentario