Menuda sorpresa nos agardaba cando voltamos das vacacións de Nadal... unha morea de agasallos!
Encantáronnos! Debe ser que traballamos moi ben todo o primeiro trimestre, e que nos portamos fenomenal...
Estes estupendos agasallos dannos ánimos para seguir traballando neste segundo trimestre que agora empezamos... cousas novas, fermosas, agardan por nós.
Iremos descubríndoas día a día na compaña dos nosos amigos e coa complicidade das nosas mestras...
¡Menuda sorpresa! Non merecedes menos...
ResponderEliminar