E unha vez máis os cativos de 5 anos C decidimos crear a nosa árbore entre todos... Como nos gusta dar un novo uso aos materiais que temos na aula! Compartimos momentos, aportamos ideas, creamos...
Nesta semana de decembro rebicimos na escola unha visita moi especial...
MENUDA SORPRESA!
Aproveitamos a oportunidade para falar coas súas maxestades, contarlles as cousas que nos gustan, e amosarlles as nosas cartiñas, para que se lembren moi ben de nós e das nosas peticións...
Os cativos de 5 anos C fixemos nas nosas casas, coa axuda das nosas familias unhas fermosa decoracións propias do Nadal. Quedaron moi fermosas! GRAZAS FAMILIAS!
Na nosa aula estivemos atopando a nosa cidade no mapa, aparece formando parte de Galicia e de España. É moi interesante! Podedes ver a nosa cidade no mapa desde este enlace :
Pero o que máis nos gusta é xogar co satélite! Buscar a nosa cidade no planeta TERRA, e ir achegándonos cada vez máis e máis... ata chegar ao noso cole! E podemos ver todo, todo, todo... o noso pabellón, o patio, a nosa clase... é impresionante! PARECE MAXIA
Podedes ver a cidade co satélite desde este enlace:
Os cativos de 5 anos C levamos unhas semanas aprendendo moitas cousas sobre as praias da nosa cidade: como son, onde están, cántas hai, cales nos gustan moito... As que teñen unha arena fermosa para xogar a facer castelos... as que teñen olas tan grandes que podemos surfear... as que están protexidas do vento para tomar o sol tranquiliños... e ata unha que ten unha serea vixiando os noxos xogos na beira do mar! QUE BONITIÑAS QUE SON! GÚSTANNOS MOITO!
Observamos as súas características físicas: rochas, area, mar, cantís... Éche ben interesante ver que hai tantas e tantas! E cada unha delas con algo especial!
Os cativos de infantil tivemos o noso MAGOSTO na escola!
Fixemos unha morea de cousas divertidas: contamos castañas, fixemos manualidades, lemos contos, cantamos cancións... E rematamos a semana xogango todos xuntiños a moitos xogos populares: encesta a castaña, o pano, os bolos... pasámolo moi ben!
E despois de tanto xogo degustamos unhas saborosas castañas! Estaban quentiñas!
Aproveitando que o Samaín está relacionado con cousas que dan medo, os cativos de 5 anos C estivemos nestes días falando dos nosos medos, das nosas angustias, do que máis medo nos da, das cousas que nos fan tremer ou paralizarnos, e de qué podemos facer para sacalos das nosas vidas, alonxalos de nós.
E como pasa no conto de Fiz( o coleccionista de medos), decidimos coleccionalos todos, e metelos nunha caixa. E deixalos alí, en repouso, para que non nos molesten. Para que cada vez sexan máis pequenos, para que nos deixen de atemosizar, para que se convirtan nunha cousa cativiña , e que non nos condicionen na nosa vida diaria...
E despois? Despois de telos un tempo encerrados, decidimos... tirar con eles!
Neste SAMAÍN os cativos de 5 anos C saboreamos unhas merendas ben divertidas. Conpartimos galletas con diferentes formas, e lambonadas de todo tipo. Algunhas ata daba medo comelas!
E un ano máis, os cativos de 5 anos C celebramos o SAMAÍN na nosa escola. Falamos sobre diferentes costumes en Galicia e no resto do mundo, fixemos manualidades, decoramos cabazas, contamos contos de medo, creamos monstruos, cantamos cancións... pasamos unha semana ben divertida!
Os cativos de 5 anos C estamos neste curso coñecendo a nosa cidade . Nestes días andamos aprendendo cousas sobre o barrio no que está a nosa escola , a Sagrada Familia, e sobre os barrios nos que vivimos. Observamos, lemos e explicamos a información que traemos das nosas casas. Esta información axúdanos a aprender cousas ben interesantes...
Pois despois dun minucioso traballo de observación e de lectura das palabras atopadas no mapa antiguo, os cativos de 5 anos C chegamos a unha conclusión: o mapa representa unha antiga cidade , CRUNIA
Fomos xuntiños polo patio da escola e atopamos 3 paquetiños moi ben atados, que tiñan dentro uns cachos de papel un pouco vello e decolorido... que interesante! Aínda que daban un pouco de noxo porque estaban vellos e sucios, puxémonos a mirar con atención e atopamos que os tres cachiños encaixaban!
Menuda sorpresa! E despois de encaixalos puxémonos a buscar cousas que alí había... unha torre, un pirata, unha illa, un tesouro, un paraíso tropical... canta imaxinación temos!
Decidimos poñer en conxunto as nosas ideas nunha Comisición Investigadora, na cal estaban as nosas compañeiras Karla e Matilde. Coa súa axuda volvemos a analizar todo con moita atención e chegamos a unha conclusión: as pezas do puzzle formaban un mapa antigo dunda cidade...
Estimadas familias: Xa estamos de volta! Xuntos outra vez! Este 11 de setembro comezamos un novo curso, que unha vez máis será moi especial para todos nós... e que xa estamos empezando con moita ilusión e con moitas ganas de aprender xuntos día a día.
E voltaremos a sair por esta ventaniña para amosar as nosas actividades de aula, as nosas creacións, as nosas aprendizaxes... Xa estamos desexando compartir convosco as moitas e divertidas aventuras que nos irán acontecendo durante este curso...
Esperamos contar unha vez máis coa vosa inestimable colaboración, e tamén cos vosos comentarios! Estades listos? Comenzamos!!
Un ano máis, todos os cativos de E. Infantil celebramos o final de curso cunha boa merendola no noso fermoso xardín. E despois de merendar aproveitamos para xogar e disfrutar todos xuntos:
Os cativos de 4 anos C collemos as leitugas que había na nosa horta e decidimos replantalas nunha macetiña para levalas para as nosas casas. Agora só temos que coidalas moi ben para que sigan a crecer e poder facer unha ensalada...
Os cativos de 4 anos estivemos neste trimestre traballando igualiño que os famosos pintores de cadros. Pintamos cun pincel moi finiño unhas flores moi fermosas. Despois de ir pintando pouco a pouco cada día para que nos quedara moi ben, puxémoslle unha capa de alkil para protexer o noso cadro e darlle brillo e consistencia.
Quedounos fenomenal! Igualiño que os pintores de verdade...
E despois de pasar uns meses moi divertidos aprendendo unha morea de cousas sobre DINOSAURIOS, os cativos de 4 anos C rematamos o noso proxecto!
Neste tempo estivemos entre todos facendo moitas preguntas sobre estes animais tan sorprendentes; investigando, resolvendo dúbidas, buscando información por nós mesmos a coa axuda inestimable das nosas familias... Tamén estivemos manipulando diferentes materiais, usando tanto soportes físicos como dixitais, que nos levaron a aprender moitas cousas sobre a era dos dinosaurios.
O fío condutor da nosa ruta por MARÍA PITA foi a historia da batalla entre coruñeses e ingleses, iniciada coa lectura da carta de Sir Drake. En cada lugar da plaza aprendemos unha parte da historia e cada un destes lugares sservíronnos para desenvolver diferentes propostas educativas:
1. “O refuxio”, no vestíbulo do Concello. Área: Identidade e autonomía persoal
(sensopercepción: vista).
2. “O valor das mans”, nos soportais do Concello. Área: Identidade e autonomía persoal
(sensopercepción: tacto)
3. “En alerta”, en Porta de Aires. Área: Identidade e autonomía persoal
(sensopercepción: oído)
4. “A unión fai a forza”, na parte central da praza. Área: Identidade e autonomía persoal
(coordenadas espacio-temporais: movemento)
5. “Esta é a nosa historia”, arredor da estatua de María Pita. Área: Comunicación e
representación (expresión oral e plástica)
Foi unha xornada moi interesante. Aprendemos moitas cousas e foi unha actividade moi divertida! Aquí podedes ver as fotiños que o demostran:
Os cativos de 4 anos C estivemos nestes días aprendendo moitas cousas da biografía de María Pita. E tamén aprendemos unha canción que nos gusta moito... Podedes vela neste enlace:
E así foi como nos preparamos para a nosa RUTA URBANA ANIMADA que nos esperaba na Plaza de María Pita e que consistía no seguinte...
RUTAS URBANAS ANIMADAS: HISTORIAS DE MARÍA PITA
OBXECTIVOS:
− Coñecer un espacio singular da cidade, onde se rinde tributo a Maria Pita, personaxe
histórico que se enfrentou ao exército inglés.
− Xogar cos sentidos para achegarse dunha forma lúdica aos diferentes momentos nos
que se desenvolveu a batalla entre o exército coruñés e o inglés.
− Interiorizar valores humanos como a cooperación e a unión do grupo para afrontar os
momentos difíciles que se poidan presentar.
DESCRICIÓN
Esta ruta preséntase baixo a estrutura dun “itinerario guiado por estacións”, é dicir, o
educador será o encargado de levar ao alumnado polas catro estacións e desenvolver
con eles as actividades interactivas que se prantexan en cada unha delas.
O fío condutor desta ruta é a historia da batalla entre coruñeses e ingleses. En cada estación,
segundo a actividade que se vaia a realizar, introducirase unha parte da historia, e cada unha
destas estacións sérvenos para desenvolver diferentes propostas educativas co noso alumnado.
O noso amigo o caracol BARTOLOMË está na nosa horta! Os cativos de 4 anos fomos todos xuntiños á horta para ver a súa fermosa casiña. Tamén aproveitamos para saudalo e cantarlle cancións!
A que non estaba na casa nin andaba pola horta era a miñoca UXÍA... éche moi aventureira, gustalle sair a explorar pola contorna.
Os cativos de 4 anos C andamos xogando nestes días a ordenar os numeriños de menor a maior, e de maior a menor. Menudo lío! Cal é o máis cativiño? Cal é o máis grande?
Con diferentes xogos de observación, seriación e ordenación aprendémolos todos moi ben!
Os cativos de 4 anos C estivemos nesta última semana de abril celebrando a "semana do libro" lendo contos, falando dos nosos libros preferidos, facendo marcapáxinas... e aprendendo moitas cousas sobre Gloria Fuertes.
Aprendemos algúns dos seus poemiñas. Estes foron os nosos elexidos:
Gustounos especialmente o pintorGeorge Seurate a súa obra CAMPOS DE ALFALFA:
E imitando a este pintor, nós tamén tentamos facer a nosa obra cun campo de puntiños verdes e un ceo de puntiños azuis. E como lle queriamos poñer flores de primavera, decidimos estampar unhas campaniñas... e despois, tivemos que escoller tamén un título que fora axeitado para poñerlle ao noso cadro. E así foi como nos quedou! Agora xa está decorando o noso cole! Quedounos fenomenal... Somos uns artistas!
Os cativos de 4 anos C fomos visitar á ovella tecelá MARISOL, que andaba moi preocupada porque a ían rapar! Coñecémola na biblioteca SAGRADA FAMILIA, e alí estivemos dándolle algúns consellos e falando da súa historia. Tamén aproveitamos para coñecer a biblioteca do noso barrrio por dentro. E moi bonitiña!
Alí as bibliotecarias amosáronnos os misterios que agochan os contos. e que co noso carné podemos levalos para as nosas casas!
Despois, coa axuda de MARISOL, contáronnos o fermoso conto "OVELLIÑA DÁME LA".
Aquí tedes unha parte cativiña deste fermoso conto:
Con motivo da celebración neste 21 de marzo do DÍA DA POESÍA os cativos de 4 anos C estivemos nesta semana aprendendo un poemiña de GLORIA FUERTES chamado POEMA DEL NO.
E como era curto decidimos escribilo amodiño e con boa letra. Así foi como nos quedou...
Os cativos de 4 anos C estivemos facendo uns fermosos DINOSAURIOS de cartón. Foi unha forma divertida de reciclar e reutilizar materiais, de darlles un novo uso.
E desta vez convertémolos nun xoguete ben divertido! Quedáronnos tan bonitiños que os levamos para xogar nas nosas casas.
Os cativos de 4 anos aproveitamos este día tan fermoso do venres para ir merendar todos xuntos no noso xardín. Foi estupendo poñer o mantel na herba e merendar fóra da aula, e despois disfrutar do noso fermoso xardín.
Os cativos de 4 anos participamos na actividade proposta desde a Biblioteca do centro polo 8 de marzo, DÍA DA MULLER. Decidimos aprender a biografía dunha muller que revolucionou o mundo da Paleontoloxía: MARY ANNING.
Investigamos sobre a súa vida, e aprendemos moitas cousas: foi unha muller adiantada ao seu tempo, estudiosa, traballadora, buscadora e vendedora de fósiles...
Os seus descubrimentos espertaron admiración na sociedade científica, pero tamén desconfianza e desprecio; non valoraban os seus fósiles tan extraordinarios, nin as súas aportacións á teoría da extinción das especies.
Foi un traballo ben interesante, gustounos debuxar e escribir sobre a súa vida:
Cada ano hai once días de entrada gratuíta nos Museos Científicos Coruñeses.
En 2017 os días de entrada gratuíta aos tres museos son:
- Martes de Entroido (28 de febreiro)
- Día Internacional da Muller (8 de marzo)
- Día da Ciencia na Rúa (6 de maio)
- Día dos Museos (18 de maio)
- Semana da Ciencia (13-19 de novembro)
Día Internacional da Muller. Entrada gratis
mércores, 8 de marzo de 2017
Xornada de portas abertas.
ENTRADA GRATUÍTA ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. E tamén ás salas de proxección: Planetario e Cine 3D, previa retirada de invitación.
Os activos de 4 anos C estivemos decorando caretas para celebrar o ENTROIDO. E despois levámolas para a nosa casa para xogar e disfrutar nas vacacións...
Os cativos de 4 ANOS C fomos visitar a nosa horta aproveitando o bo tempo... tiñamos moita ansia por ver se naceran as cebolas! E si, naceron case todas!
Tamén aproveitamos para curiosear e facer algunhas observacións ben interesantes:
- Pola horta había follas secas e ramiñas secas... pensamos que caeron das árbores nos días de mal tempo.
- Os chícharos teñen flores blancas... temos que esperar, non sabemos que pasa... hai flores, pero non chícharos!
- Hoxe non fixo falla regar, a terra estaba húmida... cando chove as plantiñas non necesitan auga da mangueira!
Os cativos de 4 ANOS C estamos nesta semana do amor e a amizade, falando sobre sentimentos, facendo debuxos, lendo contos... E aprendendo cancións que nos fan disfrutar cantando e bailando...
E con esta fermosa canción aprendemos a expresar os nosos sentimentos .
Así o fixemos na nosa aula:
ABEL: HUGO, QUÉROTE MÁIS QUE A SOPA!
KARLA: CRISTIAN, QUÉROTE MÁIS QUE UNHA TORTILLA!
NOUREDDINE: SANTI, QUÉROTE MÁIS QUE UNHA SOPA!
ZAIRA: ELENA, QUÉROTE MÁIS QUE UN PLATO DE SOPA!
SABELA: PRISCILA, QUÉROTE MÁIS QUE A SOPA!
AINHOA: TÁCILA, QUÉROTE MÁIS QUE UNHA SOPA!
DARÍO: DANI, QUÉROTE MÁIS QUE A TORTILLA DE PATACA!
SANTI: SABELA, QUÉROTE MÁIS QUE UNHA PATACA!
SERGIO: DARÍO, QUÉROTE MÁIS QUE OS ESPAGUETIS!
HUGO: MATILDE, QUÉROTE MÁIS QUE UN PLATO DE ESPAGUETIS!
PRISCILA: HUGO, QUÉROTE MÁIS QUE AS PATACAS CON CARNE!
E un ano máis os cativos de 4 anos C falamos nestes días sobre a PAZ, e fixemos unha morea de actividades relacionadas con este día: lemos contos, falamos en tertulias, coloreamos debuxos, fixemos manualidades, xogamos xuntos, aprendemos cancións...
E para celebrar este día cos nosos compañeiros da escola fixemos unhas fermosas coroas coas nosas mans imitando unha pomba, e escribimos a palabra PAZ nelas. Quedáronnos fenomenal!
Na semana pasada os cativos de 4 años estivemos plantando cebolas na nosa horta! Fixemos uns buratos para meter dentro a "ceboliña" e despois tapamos ben con terra. Agora soamente temos que esperar... e regar de vez en cando se o tempo é moi seco. Sairán as nosas cebolas?
Este venres comezamos na clase de 4 ANOS C o préstamo de contos da nosa biblioteca da escola, para que os poidamos ler na fin de semana na compaña das nosas familias.
Esperamos que os difrutedes, e que os cativos aprendan tamén a disfrutar deles.
Os cativos de 4 anos C fomos de visita ao Parque de Bombeiros da nosa cidade.
Alí recibiunos o bombeiro QUITO, que nos amosou unha morea de cousas: os camións, as oficinas, os traxes novos, o ximnasio... Aprendeunos todo o necesario para ser bombeiro... E tamén nos explicou que o máis importante para ser un bó bombeiro é ser un bó compañeiro e axudar aos demáis. Canta razón ten!
Gustounos moito montar en camión, probar o traxe de bombeiro e, sobre todo, aprender a usar a mangueira ! Foiche un día ben divertido!
Cando chegamos á nosa aula no noso primeiro día de escola había unhas sorpresiñas en forma de agasallos debaixo da nosa árbore! Foi moi emocionante ver o que había nos paquetiños... Gustounos moito!
Empezamos o ano compartindo xogos e falando do ben que o pasamos nas vacacións de NADAL. O noso primeiro día foi estupendo! Así, contentos e ilusionados, empezamos o noso segundo trimestre. Novas aventuras agardan xa por nós, novas ilusións, novas cousas por aprender xuntos...